InicioDeportesOs infantís do CB Val de Lemos chegan á fin de semana...

Os infantís do CB Val de Lemos chegan á fin de semana con 3 victorias consecutivas

Útimos resultados do CB Val de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Benxamín: CB Val de Lemos 22 – 70 ABO, Derrota na ida dos cuartos de final da copa para os benxamíns, que acudían á cita moi mermados polas baixas ante un ABO que foi subcampión da liga. Maila as adversidades, os nenos e nenas non deixaron de loitar ata o final do encontro, no que tanto o público local coma o visitante se rendeu á súa entrega aplaudindo o esforzo realizado.

Infantil: Apóstol Azul Vigo 47 – 56 CB Val de Lemos, Terceira victoria consecutiva para o equipo monfortino nesta fase de ascenso. Nun partido moi igualado, a defensa e o dominio no rebote foron determinantes para acadar un triunfo que coloca ós monfortinos nos primeiros postos da fase de ascenso.

Senior: Barbadás 45 – 51 Abrente Val de Lemos, Nova victoria para o equipo senior (invicto nesta liguilla da Copa Deputación), que serve para certificar o primeiro posto e o acceso ás semifinais. Partido moi igualado, no que os bos axustes defensivos dos monfortinos resultaron decisivos para traer o triunfo para a casa.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...