InicioDeportesOs cadetes do Korbis, 14º no Campionato de España

Os cadetes do Korbis, 14º no Campionato de España

Este é o cuarto Campionato de España que disputa o Korbis este ano e aínda participarán nun quinto co equipo benxamín feminino.

Publicado o

POR
Deportes
- Advertisement -

O equipo cadete do CD Korbis regresou na madrugada do luns, 13 de xuño, a Monforte despois un realizar un excelente torneo en Castellón de la Plana. Os discípulos de Miguel Ángel de la Gama deron a talla ante equipos moi superiores en idade e altura. Na primeira fase enfrontáronse a Coste del Voley malagueño ante o que sucumbiron por 3 a 1 plantando cara ao equipo que ao cabo sería campión do torneo, CV Cuenta (7º clasificado) e a Coslada.

Na segunda fase despois de vencer a CV Melilla lograron outras dúas meritorias vitorias ante o CV Portol de Mallorca e ante o campión asturiano RGC Covadonga para alcanzar a final do cadro de prata do torneo e pelexar pola 13 praza. En dita final e xogando con todo o persoal dispoñible o Korbis presentou batalla ante o equipo murciano de Voleadores de Cieza infestado de xogadores cadetes de segundo ano.

Gran tempada dos cadetes que se proclamaron subcampións de liga, cuartos no campionato galego e o máis que meritorio posto 14 no torneo nacional. Hai que destacar que no equipo soamente hai 3 xogadores cadetes de segundo ano; Luís Antonio Cota, Germán Álvarez e Alejandro Díaz, 4 cadetes de primeiro ano; Daniel Sanjurjo, Lucas Kruschewsky, Rodrigo Hernández e Óscar Gómez sendo os 5 restantes xogadores infantís; Daniel Pena, Borja e Rodrigo Cota, Daniel López e Izan Rodríguez. Gran tempada do club Korbis que xa disputou 4 campionatos de España (infantil masculino e feminino, xuvenil feminino e cadete masculino) e que aínda vai disputar un quinto campionato entre os días 24 e 26 de xuño co equipo
benxamín feminino en Valladolid.

A todos estes éxitos hai que sumar a convocatoria definitiva das seleccións galegas de 12 deportistas e 2 seleccionadores: Daniel Pena, Daniel López, Manuel Fernández, Borja Cota e Izan Rodríguez (infantil masculino); Aroa Pérez, Valeria García, Jessica Pérez e María Suarez (infantil feminino); Germán Álvarez, Luís Antonio Cota (cadete masculino) e Jessica Goyanes (cadete feminino); e como seleccionadores; Miguel Ángel de la Gama do equipo infantil e Robero Castro do infantil feminino. Esta convocatoria converte ao Korbis no club galego que máis xogadores achega a seleccióneas galegas e no único que o fai nas catro categorías. Todos eles estarán en Valladolid do 30 de xuño ao 3 de xullo para disputar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...