Aberto o prazo de solicitude de instalacións deportivas en Monforte para a tempada 2022-2023

O Concello informa que desde o día 21 de xuño todas as entidades deportivas e clubs de Monforte poderán cursar a súa petición para solicitar o uso de Instalacións Deportivas Municipais durante a tempada 2022-2023.

Campo de Fútbol Luís Bodegas. Foto: Prensa Concello de Monforte.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días contados dende o día seguinte á publicación da convocatoria na páxina web do Concello www.monfortedelemos.es sendo o derradeiro día para a presentación o 6 de  xullo de 2022.

Todos os clubs interesados na solicitude de instalacións deportivas para a tempada deberán presentar a documentación requirida nas bases da convocatoria dentro dos prazos establecidos.

Tanto as bases da convocatoria como o uso das instalacións deportivas está regulado polo Regulamento de uso, reserva e aluguer de Instalacións Deportivas Municipais do Concello de Monforte que foi publicado no BOP Nº 190 do xoves 20 de agosto de 2020.

Poderán presentar solicitude:

  • Asociacións deportivas escolares ou centros educativos que participen en programas de deporte escolar durante a tempada 2022-2023.
  • Clubs, entidades deportivas e asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que participen nalgún tipo de competición deportiva durante a tempada 2022-2023 organizada por algunha das Federacións Deportivas Galegas ou Españolas.
  • Clubs, entidades deportivas e asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que organicen algunha actividade non oficial dirixida á promoción do deporte e a actividade física e recreativa entre os cidadáns durante a tempada 2022-2023.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here