O adestrador do FC Barcelona feminino estará en Sober

Será o vindeiro xoves, 7 de xullo, nun coloquio que se organiza en Cadeiras, no Concello de Sober.

Bar área recreativa Cadeiras / Concello de Sober

O adestrador do equipo feminino de fútbol do FC Barcelona, Jonathan Giráldez, estará en Sober o vindeiro xoves 7 de xullo.

O adestrador galego participará nun coloquio sobre o fútbol feminino e a decidida aposta do FC Barcelona nas últimas tempadas por esta sección. O encontro, organizado por simpatizantes do club catalán, será ás 21:00 h.

O acto está aberto a todo o público e terá lugar na Tapería Tear, no lugar emblemático de Cadeiras, en Sober. Acto seguido está programada unha cea que custará 15 € e á que aínda se poden anotar aquelas persoas interesadas. Para inscribirse, os organizadores facilitaron os seguintes teléfonos: 696 627991 e 686 651726.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here