InicioDeportesTriangular en homenaxe a Carlos Alberto Díaz en Sarria

Triangular en homenaxe a Carlos Alberto Díaz en Sarria

Será o vindeiro mércores 17 de agosto ás 19:00 horas no Estadio Municipal de Ribela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Estadio Municipal de Ribela de Sarria acollerá uns partidor amigables en homenaxe ao sarriao Carlos Alberto Díaz López, xogador da SD Sarriana durante moitos anos da súa carreira deportiva. O triangular xogarase entre o equipo local, a SD Sarriana, o CD Polvorín de Lugo e o RC Fabril da Coruña.

A entrada terá un prezo de 2 euros e a recadación será para a Asociación Española Contra o Cancro. Dende o Concello de Sarria animan a todas á todos a acudir a Ribela e gozar dunha magnífica tarde de fútbol o vindeiro 17 de agosto ás 19:00 h.

Orde dos partidos

SD Sarriana – CD Polvorín.

RC Fabril – SD Sarriana.

CD Polvorín – RC Fabril.

Cartel

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...