Presentación tempada 2018-2019 do Club Deportivo Korbis

A agrupación deportiva monfortina tivo unha intensa fin de semana, con moita actividade deportiva, presentación e cea de club.

Foto de presentación do Club Deportivo Korbis. Foto: Jaime Vázquez

O Club Deportivo Korbis naceu no 2013 ao redor dun grupo de xente que organizaba o Torneo de Volei Praia no parque dos condes, evento do que xa temos informado neste medio, coa colaboración do concello de Monforte de Lemos. O grupo foi medrando e creando diferentes categorías deportivas sendo na actualidade unha entidade que conta cada día con máis deportistas nunha fronte común, a práctica do deporte.

Este sábado foi un día de intensa actividade para o Korbis pois disputaron 10 partidos, tiveron a presentación oficial o sábado pola tarde no Pavillón Polideportivo da Pinguela e unha cea de confraternización.

Na presentación das diferentes categorías estivo presente o alcalde de Monforte, José Tomé, que amosou o seu apoio e posou tamén nalgunha das fotos oficiais.

Presentación do ‘Korbis’ co alcalde José Tomé. Foto: Jaime Vázquez

Responsables do club aproveitaron a ocasión tamén para agradecer o esforzo das familias, o apoio do alcalde e dos directores de centros educativos e o labor das casas comerciais monfortinas que apoian economicamente o proxecto co seu patrocinio.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here