InicioDeportesMelloras no campo de fútbol do Gandarón en Paradela

Melloras no campo de fútbol do Gandarón en Paradela

A Deputación inviste 72.500 euros entre o novo campo de herba artificial, a nivelación do actual campo de herba natural e a ampliación do sistema de rego.

Publicado o

- Advertisement -

O novo campo de herba artificial no Gandarón, Paradela, sitúase ao carón do actual e conta cunha inversión de 50.600 euros, investimento que se suma aos 21.850 euros que xa destinou o executivo provincial nesta anualidade para a nivelación do actual campo, o levantamento e a sementa de novo céspede natural, así como a ampliación do sistema de rego.

Esta instalación emprégaa a Sociedade Deportiva Paradela que milita no Grupo 9 da Terceira División Autonómica. O clube naceu no 1981, o mesmo ano no que se construíu o campo do Gandarón. Actualmente o equipo sénior está composto por 24 xogadores. Tamén conta cun equipo de veteranos, a Asociación de Veteranos de Paradela, que se fundou hai uns 5 anos e está en Primeira División Provincial. O novo campo de céspede artificial empregarase para os adestramentos do clube.

A Deputación de Lugo é a  primeira Deputación de Galicia e a terceira de España que máis inviste en deporte: 12,9 euros por habitante fronte aos 6,29 euros que inviste a Xunta en Lugo, segundo informan desde o organismo provincial, cunha inversión total de case 3 millóns de euros na mellora de infraestruturas deportivas.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...