InicioDeportesA carreira popular monfortina será o 24 de marzo

A carreira popular monfortina será o 24 de marzo

No evento celebraranse cinco carreiras, en función das categorías, e a considerada como proba absoluta terá un percorrido de 10 quilómetros. Esta nova distancia fará que se incorporen novas zonas da cidade ao itinerario.

Publicado o

- Advertisement -

O domingo 24 de marzo terá lugar a décimo primeira edición deste evento deportivo, un clásico xa dos que congregan maior participación popular en Monforte de Lemos. Ese día darase saída a 5 carreiras en función das categorías, de xeito que haberá unha proba absoluta de 10.000 metros e catro probas menores de 80, dúas de 700, 1.300 e 2.000 metros. Todas elas terán saída e meta na Explanada da Compañía.

O percorrido queda do seguinte xeito: Saída da Praza Compañía – Paseo de Lugo – Carude – San Lázaro – Reboredo – Dalmiro de La Válgoma – Escultor Francisco Moure – Rúa Sarria – Avenida de Galicia – Rúa Hortas – Rúa Doctor Casares – Paseo do Malecón – Ponte Vella – Rúa Antonio Méndez Casal – Praza Campo de San Antón – Rúa Ourense – Avenida de Galicia – Rúa Cardeal –  Escultor Francisco Moure – Praza da Compañía

Todas as carreiras, incluídas as carreiras de categorías menores, contarán cun sistema de cronometraxe con chip, a excepción da carreira de categoría mini, na que participan os máis pequenos e que non é competitiva.

Respecto aos premios que recibirán os atletas, haberá un trofeo conmemorativo do evento para os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías, agás na categoría mini, na que todos os participantes que crucen a liña de meta recibirán unha medalla e unha bolsa de lambetadas.

Premios clasificación xeral: os tres primeiros clasificados da carreira absoluta, tanto en categoría masculina como feminina, recibirán trofeo e premio económico segundo a clasificación alcanzada. O primeiro/primeira recibirá un premio de 300 euros, o segundo/segunda clasificado/a 200 e o terceiro/terceira 100.

Nesta proba absoluta haberá tamén un premio especial consistente en trofeo e agasallo para os/as 3 primeiros/as clasificados/as locais, que estean empadroados en Monforte.

Outros premios que se concederán son: un premio por equipos con trofeo para os tres mellores equipos clasificados. Estes equipos deberán ser obrigatoriamente mixtos (50% homes e 50% mulleres) estar compostos por un mínimo de 4 compoñentes e un máximo de 6 compoñentes. E tamén un galardón para o centro educativo con maior número de participantes que crucen a liña de meta nas distintas categorías.

Todos os participantes recibirán avituallamento sólido e líquido ao rematar a carreira e un agasallo conmemorativo do evento.

A inscrición pode facerse na páxina www.championchipnorte.com, tanto para a carreira absoluta como para as carreiras de categorías menores.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...