InicioDeportes12 medallas para o Ximnasio Neka de Monforte

12 medallas para o Ximnasio Neka de Monforte

O clube confirma con este resultado no Campionato Galego, e diante dos seus afeccionados e afeccionadas, que empeza o ano con solvencia de cara a vindeiros torneos.

Publicado o

- Advertisement -

Monforte acolleu, por terceiro ano consecutivo, o Campionato Galego de Taekwondo coas modalidades de Técnica e Freestyle nas instalacións do Pavillón da Pinguela este pasado domingo 27 de xaneiro.  Foi primeira proba do ano 2019 e houbo 226 inscricións nas diferentes categorías.

Os deportistas do Ximnasio Neka, co nivel que os caracteriza, adxudicáronse 12 medallas: 2 ouros, 3 pratas e 7 bronces. Por equipos, en técnica categoría masculina, o Neka conqueriu o bronce.

Os gañadores dos ouros foron Daniel Areán, en individual, e Laura Álvarez e Daniel Areán por parellas. Levaron medallas de prata Álex Camba, a parella formada por Elena Varela e Álex Camba e o trío composto por Anxo Díaz , Luis García e José Roca. E xa no apartado de bronces, os galardonados foron Mauricio Galvis, Laura Álvarez, Elena Varela, Carlos Rey e a parella formada por Marco García e Carla Pardo. Na modalidade ‘freestyle’ acadaron o bronce a parella composta por Elena Varela e Álex Camba e o quinteto integrado por Ana López, Laura Álvarez, Karla Novo, Daniel Areán e Marco García.

Despois dos bos resultados acadados o Neka prepara xa a vindeira competición que será o Open de Alemaña.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...