500.000 euros en axudas para entidades deportivas e clubs

A achega económica parte da Deputación de Lugo e está dirixida a clubs da provincia co obxectivo de sufragar os gastos da súa actividade competitiva, ou ben, para a organización de eventos deportivos nos concellos. Aberto o prazo para solicitar as subvencións.

Presentación das axudas ao deporte na Deputación de Lugo. Foto: Prensa DL

O prazo para solicitar as axudas de concorrencia competitiva para os clubs e entidades deportivas da provincia, abriuse este pasado sábado coa publicación das bases no BOP, neste ano as axudas suman un total de 500.000 euros. Os clubs teñen ata vindeiro 15 de marzo e, ao tratarse de axudas de concorrencia competitiva, poden solicitalas todos os interesados. 

Este ano aumentou a suma das axudas ata acadar o medio millón de euros, divididos entre os 415.000 euros para axudar aos clubs a sufragar os gastos derivados da actividade competitiva da temporada, e 85.000 para a organización de eventos deportivos nos concellos da provincia.

O importe mínimo das axudas á actividade competitiva será de 300 euros e o máximo de 4.000, mentres que na liña de axudas á organización de eventos a cantidade mínima a percibir será de 300 euros e a máxima de 2.000 euros.

Toda a información e requisitos, así como a documentación necesaria atópase na páxina web da Deputación de Lugo ou no BOP correspondente.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here