InicioDeportesMonforte acolle dous campionatos de voleibol este sábado

Monforte acolle dous campionatos de voleibol este sábado

O Campionato galego Alevín e o provincial Benxamín traerán á cidade entre 1.200 e 1.500 persoas.

Publicado o

- Advertisement -

O Pavillón Municipal da Pinguela de Monforte será unha festa do voleibol este sábado 16 de marzo ao concentrar neste mesmo día dúas importantes competicións para os deportistas máis cativos que se dedican a este deporte, un dos que máis seguimento ten na cidade.

Na presentación oficial do pasado mércores o Alcalde José Tomé destacou que “este sábado estou seguro de que se poderá ver un auténtico espectáculo deportivo no Pavillón Municipal da Pinguela, xa que a instalación preparouse especificamente para o evento, instalando 9 campos de voleivol nos que se disputarán 9 partidos á vez ao longo da xornada do campionato”.

Por outra banda tanto a presidenta do C.V. Ribeira Sacra, Yolanda Maciñeiras, como o director deportivo agradeceron a boa disposición do concello para acoller estes campionatos o que supón concentrar por primeira vez en Galicia dous torneos e dúas categorías diferentes nunha única xornada deportiva.

Na presentación, o Director Deportivo da Federación Galega de Voleivol, Juan Carlos Suárez, subliñou o éxito en canto a participantes: 296 xogadores, 56 adestradores e 18 clubs, polo que se calcula a chegada de entre 1.200 e 1.500 persoas coa repercusión socioeconómica que isto pode supoñer para a cidade do Cabe.

Os campionatos comezarán ás 9:30 h. no Pavillón da Pinguela e os diferentes equipos enfrontaranse en 2 fases, unha primeira de liguiña e a segunda ata chegar á final na que se medirán os dous mellores de cada categoría. A entrega de premios está programada para as 20:30 h.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...