InicioEconomíaRTVE ten á venda en Idealista o inmoble do que dispón en...

RTVE ten á venda en Idealista o inmoble do que dispón en Monforte

A Corporación RTVE ten á venda 28 inmobles no portal inmobiliario Idealista que suman un valor conxunto de 20 millóns de euros

Publicado o

- Advertisement -

EFE.- RTVE busca con esta campaña optimizar o seu patrimonio, poñendo en venda ou en aluguer os seus inmobles sen uso. Entre os activos que mantén á venda destacan seis vivendas repartidas entre Valencia, Tarragona, Talavera de la Reina (Toledo), Jerez de la Frontera (Cádiz), Monforte de Lemos (Lugo) e Teruel.

Na carteira de activos destaca un dúplex de 1.265 m2 na rúa Colón de Valencia por un valor superior a 5 millóns de euros; inclúe tamén oficinas, entre as que destacan dúas en Zaragoza por 2,6 millóns e 2,2 millóns de euros, respectivamente, e un edificio de oficinas en Santa Cruz de Tenerife por máis de 1,8 millóns de euros. Inclúense tamén oficinas en Pamplona, Mérida (Badaxoz), Torrelavega (Cantabria), Santander, Elxe (Alacante), ou Tarragona.

Polo que respecta aos locais, figura un en Murcia por máis de 1,6 millóns, outro en Valladolid por un valor superior ao millón de euros, e outro en Madrid por máis de 900.000 euros. Así mesmo, a corporación puxo tamén á venda locais en Vigo (Pontevedra), Cádiz, Xirona, A Seu d’ Urgell ( Lérida), Xaén e Selecta. Ademais, figura tamén un terreo en Son Sardiña (Palma de Mallorca) por 544.000 euros.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...