As ‘Frases de nai” terán premio no comercio de Sarria

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria comeza unha orixinal acción para promover o comercio local co gallo do 'Día da nai'. A campaña rematará o día 4 de maio.

Frases de nai / Ilustración: XM

Calquera idea que active o comercio local a día de hoxe é moi benvida, e se esa idea é orixinal e fai participar aos clientes aínda mellor. Os comerciantes asociados de Sarria, o ACES-CCU, vén de presentar unha acción que consiste en premiar a aqueles clientes que, tras mercar nos establecementos asociados, deixen constancia da frase de nai coa que máis se identifican. Rematada a campaña procederase a un sorteo no que se repartirán 200 euros en vales de compra.

Os clientes dos comercios adscritos á campaña deberán cubrir os seus datos no tícket de compra e depositalo na urna habilitada a tal efecto en cada establecemento despois de escribir unha “frase típica de nai” nas viñetas que lles serán facilitadas.

A partires do martes 30 de abril, os escaparates dos comercios participantes amosarán as frases recollidas durante a semana facéndonos lembrar dun xeito simpático e orixinal ás nosas nais e facendo que nos identifiquemos con moitas delas. “Unha campaña diferente á doutros anos e coa que rendemos unha homenaxe ben merecida a todas as nais dende o comercio de Sarria”, refiren dende o ACES-CCU de Sarria.

Participan nesta acción promocional: Ábaco Sistemas Informáticos, Ara Moda, Artelís, Bicarelo, Cactus Rose, Calzados Chabel, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Carlin, Colchonería Piltras, Colorín Colorado, Cris Abad, D´Ari Shoes, Dimar, Duet Moda, Electronova, Herboristería Linva, Isabel Moda, Joyería Díaz, La Orquídea, Lar de Menchu, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Moncho Moda, Olver´s, Óptica Malecón, Panadería Pallares, Píkaros Story, Santamarta, Senayo, Trece Tablas, Ultreia e Vilamey Complementos.

O mércores día 8 de maio ás cinco da tarde procederase ao sorteo de douscentos euros, repartidos en 4 vales de 50, entre todos os clientes que participaran na campaña.

Segundo indican tamén dende a organización, nesta actividades de dinamización do comercio local colabora a Xunta de Galicia e o Concello de Sarria.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here