InicioEconomíaAxudas para a certificación e renovación da Q de calidade

Axudas para a certificación e renovación da Q de calidade

Aberto o prazo para solicitar as axudas da Axencia de Turismo de Galicia, dirixidas ao sector turístico galego para a certificación, seguimento e renovación da marca Q de Calidade do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

Publicado o

- Advertisement -

A estas achegas poden concorrer establecementos de turismo rural e hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos, axencias de viaxes, cafeterías, bares, restaurantes e empresas de servizos complementarios. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo para solicitar estas axudas estará aberto ata o 13 de xuño. As solicitudes realizaranse por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta.

Considéranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca Q de Calidade Turística do ICTE, correspondentes ao ano 2019 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2019. Inclúense, entre outros, os custos de auditoría externa facturados pola entidade auditora acreditada polo ICTE e tamén os derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2019, unha vez conseguida a certificación, o seguimento e/ou a renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.

O ano pasado accederon a esta liña de achegas 23 empresas do sector turístico da provincia de Lugo. Na Zona Sur beneficiáronse os municipios de Quiroga, Chantada, Sober e Sarria.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...