Construción dun parque eólico en Paradela

Endesa, a través da súa división de enerxías renovables Enel Green Power España (EGPE), comezou as obras desta infraestrutura que terá unha capacidade total de 12 megavatios.

Parque eólico | Fonte: DUVI.

EFE.- Segundo fontes da compañía o investimento neste parque supera os 15 millóns de euros, e cando entre en funcionamento, calcúlase que a finais deste mesmo ano, poderá xerar máis de 42 Gwh ao ano.

Cando estea operativo, tras dotalo con seis aeroxeneradores de 2 MW de potencia unitaria, evitará a emisión anual á atmósfera dunhas 28.000 toneladas de CO2.

A división de enerxías renovables de Endesa, EGPE, traballa tamén noutros dous proxectos en Galicia, todos eles na provincia de Lugo -Serra das Penas e Pena Ventosa- que suman 62 megavatios de potencia instalada e máis de 72 millóns de euros de investimento.

Segundo vén de asegurar José Bogas, CEO da compañía eléctrica, “Endesa está realizando un esforzo de investimento moi importante en enerxías renovables para liderar a transición enerxética”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here