Dous aceites da comarca de Quiroga estarán presentes na Semana Verde de Silleda

Aceites Figueiredo e Ouro de Quiroga acoden á mostra baixo o paraugas da Asociación de Produtores de Aceite de Galicia.

Aceite Cento e Cento Figueiredo / Aceites Figueiredo

Entre os días 6 e 9 de xuño estase celebrando en SilledaXLII Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. Nesta mostra, un referente no sector da agroalimentación, estarán presentes as marcas Aceites Figueiredo, que xa participou na pasada Festa da Cereixa e do Aceite de San Codio (Ribas de Sil), e Ouro de Quiroga.

Aceites que comercializa Ouro de Quiroga, S.L. / XdL

Estas empresas acoden á Semana Verde baixo o paraugas da Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia (APAAG). Esta agrupación, creada no 2014, reúne a diversos produtores coa totalidade da súa produción en Galicia.

Ademais de amosar e comercializar os seus produtos, estas empresas tamén ofrecerán información sobre a actividade e os obxectivos da APAAG. A través dun folleto, tentarán dar a coñecer a principal asociación do sector oliveiral de Galicia entre o público xeral.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here