InicioEconomíaComezo oficial da vendima na Ribeira Sacra con 723.204 quilos de uva...

Comezo oficial da vendima na Ribeira Sacra con 723.204 quilos de uva xa nas adegas

Este xoves, día 19 de setembro, é a data que a D.O. Ribeira Sacra marcou como data recomendada para o inicio xeneralizado da vendima.

Publicado o

- Advertisement -

Aínda sendo hoxe o “día oficial” de comezo da vendima, algunhas adegas xa remataron e outras levan xa varias xornadas de traballo. Dende o día 28 de agosto recolléronse xa 723.204 quilos de uva, 451.210 quilos da variedade Mencía e 156.086 de Godello. Do resto de variedades lévanse recollido:

Variedades tintas

  • Brancellao 6.013 kilos
  • Merenzao 16.005 kilos
  • Caíno 14.420 kilos
  • Grao Negro 1.400 kilos
  • Garnacha 10.068 kilos
  • Mouratón 343 kilos
  • Sousón 5.144 kilos
  • Tempranillo 15.959 kilos

 Variedades brancas

  • Albariño 34.400 kilos
  • Blanco Legítimo 60 kilos
  • Dona Branca 2.292 kilos
  • Loureira 463 kilos
  • Torrontés 1.852 kilos
  • Treixadura 489 kilos

Das 98 adegas que está previsto que vendimien ao amparo da D.O. Ribeira Sacra nesta campaña, 33 están a realizar labores de vendima, 19 téñena paralizada e 4 xa remataron. Con estas contas, son 42 adegas as que aínda non iniciaron os traballos de recollida.

As previsións son que, entre hoxe e mañá, comecen cos traballos de vendima un volume importante de adegas. Espérase que despois desta fin de semana se supere o millón de quilos de uva.

As choivas e episodios puntuais de treboadas que tivemos nesta última semana non afectaron ás viñas e continúa a normalidade na Denominación. A uva que está a entrar en adega segue nun estado sanitario óptimo e as condicións meteorolóxicas están a ser moi favorables polo que a previsión segue sendo superar os 7 millóns de quilos de uva nesta campaña.

ÚLTIMAS

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...