Renovación da catenaria no tramo ferroviario Ourense-Monforte

O Consello de Ministros vén de autorizar ao Ministerio de Fomento, na súa reunión deste venres 20 de setembro, a licitar os traballos a través de Adif.

Liña de ferrocarril Monforte-Ourense / XdL

Segundo o Goberno, esta actuación será clave para que os servizos ferroviarios na liña de Lugo poidan beneficiarse das prestacións da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia, xa que a actuación permitirá, nunha fase posterior, o paso da electrificación de 3 kV en corrente continua a 25 kV en corrente alterna.

O contrato, cun valor estimado de 20.315.871 euros e un prazo de execución de 20 meses, enmárcase nun plan de melloras realizadas por Adif para modernizar o traxecto viario Ourense-Monforte-Lugo.

O obxectivo desta actuación, dende o punto de vista comercial, é aumentar a fiabilidade e competitividade, optimizando as condicións de explotación da liña. Dende o punto de vista técnico, as melloras consisten na substitución da liña área de contacto actual (catenaria) no tramo Ourense-Monforte por unha de tipo híbrido, con capacidade tamén para albergar, con mínimas transformacións, unha futura electrificación a 25 kV en corrente alterna, compatible coa rede de alta velocidade.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here