A Xunta rehabilitará 40 viviendas en Sarria

Trátase de 40 vivendas xa iniciadas na rúa Castelao e once na rúa Frei Xoán.

Sarria/ editorialbuencamino.com

O Consello da Xunta de Galicia autorizou o pasado xoves a sinatura dun acordo de financiamento para retomar e rematar retomar unha actuación de 40 vivendas xa iniciadas na rúa Castelao, de Sarria, cunha axuda de 1.083.530 euros, e no segundo, unha a construción doutras once na rúa Frei Xoán, cunha axuda de 215.337 euros.

Trátase dunha liña de axudas enmarcadas no Plan de Vivenda 2018-2021 co que se pretende impulsar o acceso a un fogar en alugueiro a prezo reducido. Os investimentos realizados permitirán sufragar a rehabilitación ou construción de 96 vivendas en tres concellosde Galicia que, tralas obras, disporanse en rexime de alugueiro a un prezo reducido durante un prazo mínimo de 25 anos para persoas e familias cuns ingresos que non superen 4,5 veces a contía do Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM).

Tamén se rehabilitarán 40 vivendas xa iniciadas na rúa Rafael Fernández Cardoso de Ribadeo. Os promotores privados deste proxecto recibirán unha subvención de 982.100 euros a cambio de dispoñer estes fogares a un prezo de alugueiro reducido.

PREZO MÁXIMO

prezo máximo do alugueiro de cada inmoble dependerá da modalidade da axuda solicitada e da área xeográfica en que se localizan as vivendas. Así, a promoción da Coruña está incluída no grupo denominado “prezo máximo superior“, polo que os prezos por metro cadrado son 5,23 € renda/m2 útil de vivenda e de 3,14 € por renda/m2 útil de rocho e garaxe.

Ribadeo e Sarria corresponden a zona 1, polo que os prezos son de 4,26 € para a vivenda e 2,94 € para os rochos e garaxe.

40 vivendas xa iniciadas na rúa Rafael Fernández Cardoso de Ribadeo. Os promotores privados deste proxecto recibirán unha subvención de 982.100 euros a cambio de dispoñer estes fogares a un prezo de alugueiro reducido.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here