InicioEconomíaXornadas de catas de aceites en Quiroga e en Pantón

Xornadas de catas de aceites en Quiroga e en Pantón

Baixo o suxestivo título de ‘Oleicioso’, o Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra Courel organiza esta actividade divulgativa e gratuíta aberta a todas as persoas interesadas.

Publicado o

- Advertisement -

O GDR Ribeira sacra-Courel segue a apoiar o sector do aceite na zona sur de Lugo e organiza para os días 24 e 25 de outubro dúas sesións de catas en Quiroga e Ferreira de Pantón respectivamente.

A primeira será este vindeiro xoves 24 no Museo Etnográfico de Quiroga ás 18:00 h. e a segunda, o venres 25 na Local Multiusos do Concello de Pantón á mesma hora. A participación é de balde pero aconséllase a inscrición previa a través do correo electrónico info@ribeirasacracourel.es porque as prazas están limitadas a 30 asistentes.

Estas catas estarán guiadas e comentadas por persoal do Consello Regulador da DO Priego de Córdoba sendo a previsión que se caten uns 9 aceites virxe extra monovarietais, entre eles algúns elaborados con Brava e Mansa, fixando a atención, entre outras cousas, en detectar os principais defectos que se poden atopar nos aceites. A continuación, os participantes terán a oportunidade de degustar diferentes pratos e unha sobremesa elaborados polo cociñeiro monfortino Martín Mantilla e nas que o aceite de oliva virxe local será o protagonista.

A actividade forma parte da xestión do programa Leader 2014-2020 dentro do cal se enmarca o proxecto xeral coñecido como ‘Puro Placer’ no que se contemplan catas, degustacións e presentación de produtos locais para poñelos en valor e promocionalos.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...