O Goberno central autoriza a licitación da mellora de sinalización e telecomunicacións do tramo ferroviario Monforte-Ourense

Tren na estación de Monforte de Lemos.

O Consello de Ministros aprobou a autorización ao Ministerio de Fomento para licitar o contrato de mellora de instalacións de sinalización e telecomunicacións do tramo ferroviario Monforte-Ourense.

Trátase dun contrato por un valor de 12.652.223,06 euros, forma parte dun conxunto de actuacións relacionadas co cambio de electrificación do citado traxecto, de 3 kV a 25 kV, co fin de incrementar a “fiabilidade, capacidade e competitividade” do tramo.

Entre as principais actuacións renovaranse os motores de agulla para desvíos en todas as estacións, substituiranse os sinais luminosos de focos incandescentes por outras de tipo LED, e outras accións de substitución e mellora de cableados ou balizas..

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here