Obradoiro sobre ‘marca persoal’ en Monforte

A actividade está organizada pola Asociación de Jóvenes Empresarios -AJE- de Lugo e realizarase o vindeiro sábado 16 de novembro. Está enfocada a empresarios/as e emprendedores/as e a inscrición é de balde

Empresa / Kells-School.com

Trátase dun taller de marca persoal no contexto da empresa e celebrarase no Casino de Monforte de Lemos o 16 de novembro en horario de 10:00 a 14:00 horas. A encargada de impartilo será a Coach Candy Rodríguez de Finca el Carmen.

O obxectivo desta formación é dar a coñecer a importancia que ten a imaxe dentro da empresa, xa que non é só un aspecto, senón que é unha proxección dos valores da propia  empresa.

Tratarase, entre outras cousas, de descubrir cal é o verdadeiro talento da empresa, pescudarase o factor diferenciador para desenvolver un plan de impulso, e tamén se prestará especial atención á pegada que se deixa nos clientes e as razóns de porque elixen traballar con esa empresa.

Información e inscrición

Os empresarios, empresarias, emprendedores e emprendedoras interesados/as en asistir a este evento deben inscribirse chamando ao 982 224699 ou enviando un correo electrónico cos seus datos persoais a info@ajelugo.com.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here