InicioEconomíaA Xunta defende en Paradela os grandes proxectos eólicos porque "van en...

A Xunta defende en Paradela os grandes proxectos eólicos porque “van en contra do cambio climático”

O conselleiro de Economía di que traerán "emprego e riqueza" á provincia.

Publicado o

- Advertisement -

conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou a oportunidade que o desenvolvemento do sector eólico supón para a creación de emprego, a xeración de riqueza e para a loita contra o cambio climático.

Así o sinalou este mércores en Paradela (Lugo), municipio no que visitou os parques eólicos de Paradela e Serra das Penas, impulsados por Enel Green Power, empresa que sumará un total de tres plantas en funcionamento neste exercicio na provincia de Lugo.

No caso das instalacións do concello de Paradela visitadas este mércores, a Xunta explicou que supoñen unha potencia de 54MW e permitirán evitar a emisión anual de 126.000 toneladas de CO2.

Cun investimento de 60 millóns, Conde destacou que estes parques son, tamén, unha oportunidade para o concello lucense e os seus veciños en canto á dinamización da súa actividade económica e á promoción doutro tipo de accións como a habilitación dunha ruta de sendeirismo no encoro de Belesar ou o encontro de escolares do concello co equipo Monbus Obradoiro.

O conselleiro explicou que Galicia “está a recuperar e consolidando o tecido industrial vinculado ao sector eólico galego” e avanzou que, antes de que termine o primeiro trimestre de 2020, Galicia sumará “unha vintena de parques en funcionamento que supoñen e480 MW instalados e un investimento na comunidade de 567 millóns de euros”.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....