InicioEconomíaAberto o prazo para solicitar axudas da Xunta ao sector vitivinícola

Aberto o prazo para solicitar axudas da Xunta ao sector vitivinícola

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado 16 de decembro unha orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para fomentar a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas. A dotación será de 3.570.000 euros para 2020 e 2021.

Publicado o

- Advertisement -

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas vitivinícolas, as organizacións de produtores vitivinícolas, as asociacións de dous ou máis produtores e as organizacións interprofesionais. O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria comeza hoxe e rematará o vindeiro 31 de xaneiro de 2020.

Serán subvencionables, segundo se contempla no artigo 3º da orde da Consellería do Medio Rural,  diferentes actuacións relativas a investimentos como o fomento da produción ecolóxica, a sustentabilidade, a innovación, a comercialización… e certos custos relacionados coa construción, adquisición ou mellora de bens inmobles, así como de compra de nova maquinaria e equipamentos, honorarios de profesionais, estudos, adquisición de patentes, licenzas, dereitos de autor e rexistro de marcas colectivas.

Vendima Amandi / Arquivo C.R.D.O.R.S.

Os principais obxectivos desta convocatoria son, entre outros, fomentar a agrupación dos primeiros elos da cadea alimentaria mediante a integración das entidades asociativas e o asociacionismo agrario e impulsar procesos sustentables desde o punto de vista ambiental a través do aforro de enerxía, a eficiencia enerxética global, a utilización de enerxías renovables e a valorización e tratamento dos residuos.

Preténdese, así mesmo, fomentar a certificación ambiental das instalacións das empresas vitivinícolas, a produción ecolóxica e os produtos acollidos a réximes de calidade e os pagamentos de uva por calidade. Outras finalidades pasan por favorecer a innovación e a implantación de novos produtos e novas presentacións, polo incremento da dimensión empresarial, pola participación dos viticultores e elaboradores na cadea de valor ou por impulsar os investimentos en comercialización e por impulsar a introdución das tecnoloxías dixitais nas empresas.

No apartado 4º indícanse as porcentaxes das axudas, no anexo II especifícanse os gastos que ‘non’ son subvencionables e tamén se advirte no artigo 5º que o solicitante deberá acreditar a viabilidade económica da empresa -agás se se trata dalgunha organización sen ánimo de lucro- e que as/os beneficiarias/os das subvencións deberán acreditar a durabilidade das operacións relativas aos investimentos durante os cinco anos seguintes ao pagamento final da axuda.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...