InicioEconomíaPresentación do V Espazo Coworking Ribeira Sacra para emprendedores

Presentación do V Espazo Coworking Ribeira Sacra para emprendedores

Será este martes 28 de xaneiro ás 20 horas no Centro do Viño de Monforte e na xornada darase información sobre o proxecto, de como participar nel e explicaranse experiencias anteriores.

Publicado o

- Advertisement -

A asistencia a esta xornada é libre e non é necesario inscribirse previamente. A xornada, que está dirixida a informarse de como participar no V Espazo Coworking Ribeira Sacra, enfocarase a orientar a todas aquelas persoas que teñan en mente unha idea de negocio e queiran desenvolvela.

O evento empezará ás 20:00 h. momento no que terá lugar a presentación, informando da metodoloxía, as fases e o proceso de inscrición. Intervirán Gloria Mª Prada Rodríguez, 1ª Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Estefanía Suárez Mansilla, Subdirectora da oficina Galicia Emprende -IGAPE- e Alfonso Martínez Fernández da EOI -Escola de Organización Industrial-.

A continuación, sobre as 20:30 h. falarase de experiencias anteriores coa participación de emprendedores que participaron nas 4 edicións anteriores do Espazo Coworking Ribeira Sacra.

Nel poderán participar persoas de tódalas idades que teñan en mente un proxecto de calquera sector, xa sexa turístico, gastronómico, do sector servizos, agrícola, etc. O prazo de inscrición segue aberto ata finais de mes,  a matrícula é gratuíta e celebrarase nas instalacións de Expolemos. O espazo Coworking ofrecerá asesoramento e apoio integral para desenvolver un proxecto empresarial durante 6 meses, aproximadamente. O programa está concibido para emprendedores que aínda non constituísen a súa empresa, pero está tamén aberto á participación de persoas que estean nunha fase inicial de desenvolvemento do seu proxecto.

As instalacións de Expolemos ofrecen un espazo de traballo con aulas e salas de reunións nas que os participantes recibirán formación e disporán dun mentor que lles axudará a validar e lanzar o seu proxecto. Ademais poderán participar en diferentes eventos, obradoiros e estarán en contacto con especialistas en comunicación, finanzas e vendas, entre outras disciplinas.

FINANCIACIÓN E XESTIÓN DO PROGRAMA

O programa Espazo Coworking Ribeira Sacra, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, está impulsado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Escola de Organización Industrial (EOI), e a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), e conta coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....