InicioEconomía200.000 euros para a quinta fase do ARI en Sober

200.000 euros para a quinta fase do ARI en Sober

O Concello de Sober abre unha nova fase das Axudas á Rehabilitación de Vivendas (ARI) para aquelas persoas interesadas en facer reformas nas súas casas. A quinta fase deste programa permitirá actuar en 24 vivendas cun orzamento aproximado de 200.000 euros.

Publicado o

- Advertisement -

O concello de Sober abre un novo prazo, ata o 2 de marzo, para solicitar axudas para a rehabilitación de vivendas. O que será a quinta fase do ARI permitirá actuar en 24 vivendas de todo o termo municipal cun orzamento aproximado de 200.000 euros

A cuarta fase do programa subvencionado polo Ministerio de Fomento e o Instituto Galego de Vivenda e Solo está aínda en execución. Comprende 11 actuacións en vivendas privadas por importe de 228.000 euros, dos que o Goberno do Estado e o IGVS financian 94.000 euros. Na cuarta fase estanse a executar obras en Villaoscura, no Castro, en Villoriz, en Sober, en Santiorxo, Barantes, Bolmente, Canabal e en Amandi.

A terceira fase permitiu a mellora de 8 vivendas por un importe de 195.838 euros, dos que foron subvenciados 85.850 euros polo IGVS e o Ministerio de Fomento. Esta fase tamén contou cunha actuación pública, a urbanización do barrio de Figueiroá, por un importe de 28.099 euros, actuación para a que o Concello recibiu unha axuda de 11.900 euros. Na terceira fase, xa rematada, fixéronse actuacións en Proendos, en Ferrón, en Ousille, en Villoriz, en Sanmil, en Cacedo, en Barantes e en Sober, na capitalidade.

O persoal da Oficina do ARI atende no Concello de Sober os mércores e venres en horario de 09:00 a 14:00 horas.

ÚLTIMAS

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...