InicioEconomíaColaboración pública e privada para a dinamización turística da Ribeira Sacra

Colaboración pública e privada para a dinamización turística da Ribeira Sacra

Visita este 30 de xaneiro á nova terraza-miradoiro construída por Adegas Moure nas súas instalacións do Cabo do Mundo, proxecto que contou co apoio do AGADER.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destaca a importancia de contar con canles fluídas de colaboración entre a Administración autonómica e a iniciativa privada para impulsar a dinamización turística da Ribeira Sacra.

O delegado realizou estas declaracións durante unha visita á nova terraza-miradoiro construída por Adegas Moure nas súas instalacións, no Saviñao, proxecto que apoiou a Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), cunha achega de 49.000 euros.

Balseiro gabou o papel que neste sentido desempeñan os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), respaldando actuacións públicas e abrindo vías ao sector privado para consolidar, ampliar ou diversificar proxectos de negocio que xeran emprego e riqueza na provincia, como é o caso deste miradoiro, que completa a oferta da adega e enriquece a experiencia dos visitantes que van a coñecer as súas instalacións e a paisaxe da Ribeira Sacra.

Trátase dun espazo multifuncional pensado para acoller actividades culturais, catas ou concertos; de feito, foi un dos escenarios do festival de música 17º Ribeira Sacra.

Visita Miradoiro Adegas Moure / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...