Publicados os beneficiarios das axudas á elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes, 18 de febreiro, dúas resolucións da Consellería do Medio Rural polas que dá publicidade ás axudas concedidas a distintas adegas e adegueiros, por unha banda, para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, e por outra, para a promoción deste sector en mercados de terceiros países.

Vendima no Miño / D.O. Ribeira Sacra

En canto ás achegas para apoiar investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, no 2019 concedéronse case dous millóns de euros, en concreto 1,96 millóns, a un total de 16 beneficiarios. Estas subvencións, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), podían ser solicitadas por empresas, asociacións e organizacións de produtores, así como por organizacións interprofesionais, para sufragar custos de construción, a adquisición ou mellora de bens inmobles, ademais da compra de nova maquinaria ou equipamentos.

No que respecta ás axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, a Consellería do Medio Rural outorgou o ano pasado 905.456 euros a un total de 23 adegas, cooperativas ou organizacións de produtores. As achegas, financiadas tamén polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), están encamiñadas a dar a coñecer no exterior as características dos viños galegos con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, así como dos viños varietais. Así, subvencionáronse accións como campañas publicitarias, misións comerciais, promocións en puntos de venda, catas, feiras, presentacións de produto, xornadas, seminarios ou degustacións.

O enlace ás resolucións no DOG:

Elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas:

Promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países:

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here