InicioEconomíaAnticipar compras para apoiar ao comercio local

Anticipar compras para apoiar ao comercio local

A través dunha páxina web as veciñas e veciños de Sarria poderán colaborar cos comercios da vila reservando bonos diñeiro, bonos agasallo ou bonos solidarios. Aqueles que merquen bonos diñeiro ou bonos agasallo terán como detalle un 10% máis do seu importe para gastar no comercio escollido.

Publicado o

- Advertisement -

Baixo o lema “Voltaremos, querémoste con nós”, a Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES-CCU) vén de crear a plataforma www.acesarria.net na que a veciñanza poderá colaborar cos negocios da vila, mercando bonos para consumilos cando o comercio volva abrir as súas portas.

Na páxina web poñeranse á venda tres tipos de bonos: bono diñeiro, bono agasallo, e bono solidario. Nos dous primeiros tipos de bonos o cliente pagará unha cantidade e poderá gastala incrementada nun 10 % que lle regalará o comercio pola axuda prestada. Na modalidade do bono solidario, o consumidor merca un bono para gastar en calquera dos establecementos e o comercio doará ese 10% para outra causa solidaria.

A asociación lembra que esta iniciativa é froito dun traballo en equipo e que o número de asociados non para de medrar, sumáronse estes días dous negocios máis e con previsión de que se sumen outros dous en breve.

O bono solidario suporá un 10% do recadado para apoiar á “Cruz Vermella de Sarria” na loita dos efectos do COVID-19.

Establecementos con bonos á venda

Bicos de Fío, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Cris Abad, Dimar, Duet Moda, Lar de Menchu, Mercería Sarillo, Moncho Moda, Santamarta, Senayo, Ultreia, Viaxes Ecuador, Vida Láctea e Vilamey.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...