InicioEconomíaPresentando o Plan de apoio ás familias e ós sectores económicos de...

Presentando o Plan de apoio ás familias e ós sectores económicos de Monforte

O Plan de Apoio ás familias e ós sectores económicos do Concello de Monforte de Lemos ten por obxecto favorecer ao conxunto da economía, inxectando nos fogares e sectores económicos ó redor de 500.000 €, para contribuír a superar a parálise económica derivada da COVID-19 e reactivar así a sociedade e a economía monfortina, segundo resaltou o alcalde.

Publicado o

- Advertisement -

O Plan de Apoio presentado este mércores, 17 de xuño, distribuirá unha partida de 500.000 euros, mediante bonos para o consumo, a todas as unidades familiares censadas no muncipio “para que poidan adquirir os bens, servizos profesionais e consumos que necesiten e, ó mesmo tempo, signifique unha axuda para a economía monfortina debido a que as compras deberán ser realizadas nos establecementos de Monforte de calquera sector económico”, salientou o Alcalde.

Para axudar aos 18.706 habitantes empadroados establécense 3 niveis de bonos-axuda en función do número de habitantes empadroados en cada domicilio, segundo o Padrón Municipal:

  • Vivendas de entre 1 e 2 habitantes empadroados: 4.870 domicilios.
  • Vivendas de entre 3 e 4 habitantes empadroados: 2.419 domicilios.
  • Vivendas de 5 ou mais habitantes empadroados: 501 domicilios.

A execución do Plan farase a través de Bonos de 25 euros para facilitar calquera compra, consumo ou prestación de servizos profesionais en establecementos de calquera sector económico ubicados no concello de Monforte de Lemos, (non se financiará a compra de bebidas alcohólicas), que deberán entregar no establecemento onde se produza  o gasto, sendo o titular da actividade económica que recibe o bono o que solicite o reintegro ó Concello acompañando do bono ou bonos coa súa solicitude.

Os bonos terán carácter único e non acumulativo, de tal maneira que só poderá concederse unha axuda por domicilio e en función do número de empadroados. Do mesmo xeito, serán compatibles con calquera outra axuda para a mesma finalidade concedida por parte doutras entidades públicas ou privadas.

A contía máxima dos bonos será a seguinte:

  • Domicilios de entre 1 e 2 membros2 bonos por vivenda de 25 € cada un, sumando un total de 50 €.
  • Domicilios de entre 3 e 4 membros, 3 bonos por vivenda de 25 € cada un, sumando un total de 75 €.
  • Domicilios de 5 ou máis membros, 4 bonos por vivenda de 25 € cada un, sumando un total de 100 €.

O modelo de solicitude normalizado para a petición dos bonos estará dispoñible na web municipal www.monfortedelemos.es e no Rexistro do Concello. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento:

  1. a) modelo normalizado de solicitude (Anexo I)
  2. b) fotocopia dos DNI dos empadroados na vivenda
  3. c) Consentimento expreso para que o Concello comprobe os datos de padrón relacionados coa solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, e unha vez publicado no BOP procederase tamén ese mesmo día á súa publicación na páxina web do Concello de Monforte de Lemos.

“Con este novo Plan de Apoio ás Familias e ós Sectores Económicos de Monforte”, concluíu o Alcalde, “sumando o Plan Reactiva Monforte, o Equipo de Goberno pon a disposición dos monfortinos e monfortinas case 2 millóns de euros, para axudar a empresas, autónomos, traballadores, entidades, e agora ás familias, para que a economía de Monforte se recupere con máis forza”.

ÚLTIMAS

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...