Monforte destina 18.000 euros a axudas para libros e material escolar

O Concello de Monforte abre o prazo para solicitar axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario para o curso 2020/2021.

Aula con nenos / AXM

Para o financiamento destas subvencións, dende o Concello destínase un crédito máximo de 18.000 euros. As axudas teñen como finalidade apoiar ás familias con menor renda per cápita do municipio de Monforte que presenta dificultades económicas para afrontar o gasto que supón o obxecto da axuda.

Esta convocatoria ten por obxecto regular a concesión de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Monforte e escolarizado para o curso 2020/2021 en educación infantil (3-6 anos), educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nalgún dos centros docentes públicos ou concertados existentes no municipio.

prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 24 de xullo de 2020. As bases  estarán a disposición das persoas interesadas nas dependencias dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos, no Rexistro Xeral do Concello e na páxina web do Concello. Para ser beneficiario/a desta axuda é preciso que a renda per cápita da unidade familiar non supere o 55% IPREM para o ano 2020 (295,81€/mes) en cómputo anual (3.549,74€ ano por persoa).

Nº membros unidade familiarIngresos netos mensuaisIngresos anuais
2591,617.099,44 €
3887,4310.649,16 €
41.183,2414.198,88 €
51.479,0517.748,60 €

contía máxima das axudas será a seguinte:

  • 150 € para Educación Infantil por cada alumno/a.
  • 100 € para Educación Primaria e por cada alumno/a.
  • 120€ para Educación Secundaria Obrigatoria por alumno/a.
  • 150€ para alumnado matriculado nun centro de educación especial ou en unidades de educación especial de centros ordinarios ou cunha discapacidade superior ou igual ó 65% . 

A solicitude formalizarase no formulario normalizado e irán acompañadas da documentación complementaria que requiren as bases, e todo elo poderá ser presentado no Rexistro dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos emprazado na secretaría do Centro Cívico Social, no Paseo do Malecón s/n, no Rexistro Xeral do Concello, no Campo de San Antonio s/n, ou a través da Sede Electrónica municipal (www.sede.monfortedelemos.es).

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here