Monforte entre os municipios do norte peninsular co m2 máis barato en vivenda nova

Aumenta o prezo da vivenda no primeiro semestre a pesar da crise do coronavirus segundo datos da Sociedade de Tasación, que destaca que entre os núcleos do norte peninsular analizados, tres municipios galegos son os que teñen o metro cadrado máis barato en vivenda nova.

Avda de Galicia Monforte / XdL

Galicia encabeza o aumento do prezo da vivenda nova rexistrado durante o primeiro semestre de 2020 nas comunidades do norte peninsular, segundo os datos da Sociedade de Tasación publicados este martes.

Así, o prezo do metro cadrado na Comunidade galego aumentou un 1,6% respecto ao ano pasado e un 0,8% no que vai de ano, o que supón o crecemento máis alto entre as comunidades do norte de España. Con todo, Galicia ten tres capitais de provincia co prezo de vivenda nova máis baixo: Pontevedra (1.347?/m2), Lugo (1.455?/m2) e Ourense (1.568?/m2). Toda a información no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here