InicioEconomíaNova entrega de 2.854 bonos do Plan de Apoio ás Familias de...

Nova entrega de 2.854 bonos do Plan de Apoio ás Familias de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de asinar un novo decreto polo que se resolve a concesión das axudas englobadas no Plan de Apoio ás Familias e ós Sectores Económicos de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A partir do luns, 28 de setembro, comeza a entregarse unha nova partida de bonos a aqueles cidadáns que presentaron as súas solicitudes entre o 6 e o 8 de xullo e que cumpren con todos os requisitos establecidos nas bases da convocatoria do Plan. 

Esta segunda entrega é continuidade da iniciada a pasada semana dos primeiros 5.000 bonos para as solicitudes presentadas 25 de xuño e o 5 de xullo. A entrega desta segunda partida de axudas, que ascende a un total de 2.854 bonos, está destinada ás familias monfortinas que presentaron as súas solicitudes entre o 6 e o 8 de xullo e que cumpren con todos os requisitos establecidos nas bases da convocatoria do Plan. Para o pago do que son 1.154 axudas familiares destinaranse 71.350 euros.

listaxe das persoas ordenadas por orde alfabética que poderán recoller os seus bonos está publicada na web do Concello (http://www.monfortedelemos.es/gl/plan-apoio-familias-e-sectores-economicos-2020) así como nos taboleiros informativos da Casa do Concello, Casa da Cultura e no Edificio Multiusos. A recollida poderana facer no Edificio Multiusos de luns a venres, en horario de 8:30 a 14.30 horas.

O Alcalde recorda que son “bonos nominais de 25 euros que poderán utilizar xa nos establecementos e entidades de calquera sector económico, coa condición obrigatoria de que estean ubicados no Concello de Monforte”.

O Alcalde tamén recalcou que, todos aqueles que presentaron a súa solicitude e que non saen nesta segunda lista de beneficiarios irán saíndo nas seguintes, “dado que a revisión a cargo dos funcionarios municipais das 4.525 solicitudes presentadas leva o seu tempo, e iremos sacando novas listas a medida que se vaian resolvendo os expedientes cada semana. En concreto, restan 1.436 solicitudes por revisar.” 

Con esta segunda entrega de axudas, o número de total bonos que se entregarán nos vindeiros días ascende a 7.854, e suporán axudas para 3.089 familias, destinándose ata o de agora para o pago das mesmas 196.350 euros.

Dende o luns 21 de setembro, día en que se comezou co reparto de bonos no Edificio Multiusos ata hoxe xoves 24, xa foron recollidos polos cidadáns de Monforte 1.233 bonos, nas catro mesas destinadas para tal fin.

Entrega de bonos-axudas

O Plan de Apoio ás familias e ós sectores económicos de Monforte estableceu axudas a todos os cidadáns censados neste concello en función do número de habitantes empadroados en cada domicilio, segundo o Padrón Municipal:

  • Domicilios  de entre 1 e 2 membros,  2 bonos por vivenda de 25 € cada un, sumando un total de 50 €.
  • Domicilios de entre 3 e 4 membros,  3 bonos por vivenda de 25 € cada un, sumando un total de 75 €.
  • Domicilios de 5 ou máis membros,  4 bonos por vivenda de 25 € cada un, sumando un total de 100 €.

ÚLTIMAS

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...

“A nai que me pariu!” campaña do CCU de Sarria polo Día da Nai

¡A nai que me pariu! é o nome da campaña do Centro Comercial Urbano de...