InicioEconomíaSarria, o mellor concello na creación de emprego en novembro

Sarria, o mellor concello na creación de emprego en novembro

Rebaixou as cifras de paro en 29 persoas demostrando un dinamismo que non hai no resto de concellos do sur de Lugo onde o aumento de desempregados/as foi xeneralizado. Monforte, por exemplo, sumou 45 e Chantada 35.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaría de Acción Sindical de CC. OO. de Lugo fixo públicos os datos do paro de novembro, un mes malo en condicións normais e máis este ano coincidindo coa pandemia e peches da hostalería como o que houbo en Monforte.

Por comarcas, a que mellor comportamento tivo foi Sarria, única da zona sur que acadou baixar o número de desempregados/as no seu conxunto. Quedan con 1.251 tras descender en 16. Pola contra, na Comarca de Chantada aumentaron o paro en 38 persoas e quedan con 735; na de Quiroga subiron en 6 e quedan con 300;  e finalmente na Comarca de Lemos que alcanzaron a cifra de 89 parados/as máis que no mes anterior sumando nestes momentos un total de 1.905.

OS NÚMEROS POR CONCELLOS

Comarca de Sarria: Concello do Incio, 56 parados/as (+9), Láncara 131 (+2), Paradela 44 (-2), O Páramo 51 (+4), Samos 42 (+4), Triacastela 27 (-4) e Sarria 900 (-29).

Comarca de Lemos: Bóveda 63 (+2), A Pobra do Brollón 78 (+8), Sober 130 (+14), Pantón 134 (+13), O Saviñao 171 (+7) e Monforte 1.329 (+45).

Comarca de Chantada: Carballedo 83 (+8), Taboada 117 (-5) e Chantada 535 (+35).

Comarca de Quiroga: Folgoso do Courel 51 (+5), Quiroga 193 (-2) e Ribas de Sil 56 (+3).

Os datos son preocupantes, e dende o sindicato CC.OO. “están convencidos de que se non fose polos ERTES, habería máis de 5.500 parados/as nas catro comarcas indicadas”. Así mesmo láianse de que “siga habendo algún empresario, ovella negra, que podendo acollerse a un ERTE para non despedir, optou polo despido”. Coñecedores destes feitos, indican que os puxeron en coñecemento do Xulgado do Social por considerar os despedimentos nulos e improcedentes.

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...

O PP urxe a mellorar a ponte da estrada provincial LU-P-1305 en Folgoso do Courel porque “está caendo sobre o río”

O Grupo Provincial Popular esixe que a Deputación de Lugo coloque sinais de advertencia...