José Tomé Roca, xunto coa Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Deputado de Promoción Económica e Social e tamén tenente de Alcalde de Láncara, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde lancarés, Darío Piñeiro, supervisou o pasado 7 de xaneiro un conxunto de actuacións financiadas pola institución provincial na localidade con máis de 200.000 euros, tanto a través do Plan Único 2020, como dun convenio co Concello.
ACTUACIÓNS REALIZADAS
José Tomé comprobou na Pobra de San Xiao, a capitalidade do Concello de Láncara, as obras de humanización das rúas Rosalía de Castro, Adolfo Suárez e Río Neira e as melloras viarias con aglomerado en quente acometidas nas parroquias de Ronfe e San Pedro.
O Presidente tamén coñeceu a antiga escola da parroquia de Veiga de Outeiro, que se reformará grazas á achega económica da institución provincial para mellorar e ampliar o uso das instalacións.