InicioEconomíaA provincia de Lugo segue con máis de 5.000 persoas en ERTE...

A provincia de Lugo segue con máis de 5.000 persoas en ERTE tras case un ano de pandemia

Supón arredor de 1 de cada 10 casos da comunidade.

Publicado o

- Advertisement -

Galicia pechou o mes de febreiro con 46.665 traballadores en ERTE, o que supón 15.357 máis que o último día de xaneiro, un incremento de case o 50%, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. Neste incremento, a provincia de Lugo segue a se situar como unha das menos afectadas a nivel de cifras globais de toda a comunidade.

Do total de 46.665 persoas nun Expediente de Regulación Temporal de Emprego neste mes marcado polas restricións do coronavirus en Galicia, 19.012 son homes e 27.653 son mulleres. Se se toma como referencia a cifra media, no canto do último día do mes, son 47.207 persoas en ERTE en Galicia en febreiro, neste caso 17.468 persoas máis que a media de xaneiro (29.739), unha alza media do 58,7%.

Por provincias, os traballadores en ERTE o último día do mes eran 21.504 na Coruña, seguida de Pontevedra (15.622), Lugo (5.072) e Ourense (4.467). Do total de persoas en ERTE, 7.268 están nun expediente por forza maior e 3.042, non por forza maior. A eles súmanse as 36.355 persoas nas novas figuras de ERTE por impedimento, limitación, cadea de valor, entre outros.

DATOS ESTATAIS

O número de traballadores en expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) pechou o mes de febreiro en España en 899.383 persoas, o que supón 28.903 traballadores menos que en xaneiro na serie revisada e 160.414 máis en función da data de notificación.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...