O turismo fluvial no Miño e no Sil comeza a coller forza

Preto de 2.000 persoas utilizaron o catamarán esta Semana Santa.

Catamarán no Sil / Deputación Provincial

Preto de 2.000 persoas participaron durante a Semana Santa nalgunha das rutas fluviais en catamarán da Deputación de Lugo e que transcorren polos ríos Miño e Sil. Entre o sábado 27 de marzo e o domingo 4 de abril, o embarcadoiro Ponte do Sil rexistrou 1.392 viaxeiros e o de Belesar 446.

En concreto, engade o departamento provincial, as embarcacións de Ponte do Sil e Belesar estiveron practicamente completas nos días festivos, con aforamento reducido á metade debido ás restricións sanitarias.

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou os datos como “moi positivos” e que confirman a “tendencia á alza” deste servizo a pesar do contexto de pandemia.

Doutra banda, uns 50 traballadores e edís de 34 entidades locais da provincia participan desde este luns na acción formativa en liña ‘Promoción e Comercialización de Produtos e Servizos Turísticos Locais’, organizada pola Deputación de Lugo no marco das súas accións de apoio aos sectores prexudicados pola crise sanitaria.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here