InicioPolíticaMonforte, unha cidade con máis luz?

Monforte, unha cidade con máis luz?

O concello investe 3.000 euros na substitución de 43 luminarias por unhas novas de luz branca de baixo consumo e maior luminosidade.

Publicado o

- Advertisement -

As actuacións de substitución das luminarias fixéronse na rúa Lagares (20 farolas), rúa Real (12 farolas), Praza dos Chaos (6 farolas) e na Florida (5 farolas). Con estas actuacións desde o  equipo de goberno din buscar unha mellora global do alumeado público para conseguir unha cidade con máis luz. Anuncian que nos próximos meses se desenvolverán proxectos similares en barrios como o da Estación.

Segundo o alcalde de Monforte, José Tomé, o equipo de goberno tiña claro que a mellora do alumeado público tanto urbano como rural era unha prioridade. Así por exemplo sinala que no medio rural son en total 200 puntos de luz os que hoxe funcionan, entre a instalación de novas farolas e o encendido das que estaban apagadas, unha cifra á que nunca antes se chegara.

 

 

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...