InicioEconomíaA Deputación lanza un bono desconto de 30 euros para gastar en...

A Deputación lanza un bono desconto de 30 euros para gastar en negocios de hostalaría e comercio

Chámase 'Bono Impulsa' e ten como fin impulsar o comercio local con descontos aos usuarios.

Publicado o

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, presentou os ‘Bonos Impulso’, aos que o goberno provincial destina medio millón de euros para favorecer o consumo nos negocios de hostalaría e o comercio dos 67 municipios lugueses, entre eles, moitos da comarca de Lemos.

A presentación tivo lugar nos xardíns do pazo de San Marcos, onde Tomé explicou estes bonos orientados á hostalaría e o pequeno comercio da provincia. Así, precisou que se prevén mobilizar outro medio millón de euros en consumo, co que a “inxección económica” para os negocios chegaría ao millón de euros.

Trátase de 17.000 bonos cun importe de 30 euros cada un para consumir e comprar nos establecementos da provincia. Para empregalos, deberán facerse compras superiores aos 60 euros. “Isto vai xerar un efecto multiplicador importante, cada persoa vai poder solicitar un bono como máximo, e no caso de que algún quedase sen asignar haberá sorteos ata esgotar os 17.000″, concretou.

En cada concello “haberá unha repartición equitativa dos bonos, seguindo criterios obxectivos de poboación, criterios de número de desempregados e de número de empresas dadas de alta”. O vindeiro luns será publicada a orde das axudas no Boletín Oficial da Provincia, co que, a partir do martes, abrirase o prazo para que se somen á iniciativa aqueles negocios ou comercios que así o desexen.

Os bonos, que serán de carácter nomitativo, terán unha validez ata o 30 de agosto e, unha vez que se soliciten a través da páxina web provincial, chegarán ao domicilio dos solicitantes.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...