Folgoso do Courel aproba un crédito de 20.000 euros para subvencións a autónomos e empresas

Esta liña de subvencións pretende, tal e como explica a alcaldesa, Lola Castro, “reactivar a actividade económica do noso Concello para evitar o peche de empresas e axudalas a que poidan retomar a súa actividade e reabrir os seus negocios”.

alcaldesa Folgoso do Courel / concello Folgoso do Courel

O Concello de Folgoso do Courel aprobou no Pleno deste xoves cos votos a favor do equipo de Goberno (PP) e os do PSOE, (Courel Vivo non asistiu), unha modificación de crédito baixo a modalidade de crédito extraordinario financiado con cargo ao remanente líquido de tesourería resultante da liquidación do exercicio anterior por importe de 20.000 euros.

A contía irá destinada a darlle continuidade á liña de subvencións creada para a reactivación da actividade económica no municipio como consecuencia da declaración do estado de alarma. As axudas consistirán fundamentalmente en subvencións para as persoas traballadoras por conta propia a ás pequenas e medianas empresas que se visen afectadas ben por peche temporal da actividade ou pola minoración da súa actividade, cando esta supoña unha caída de máis do 45% dos seus ingresos.

As axudas concederanse polo procedemento de concorrencia competitiva e rexeranse por unhas bases que o Concello fará públicas en canto a modificación de crédito se aprobe de xeito definitivo. Para iso, o expediente exporase ao público a través da súa publicación no BOP durante quince días.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here