InicioEconomíaConta atrás para presentar proxectos empresariais ao concurso de 'Semente Ribeira Sacra'

Conta atrás para presentar proxectos empresariais ao concurso de ‘Semente Ribeira Sacra’

O prazo de presentación de ideas para o 'VII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra' remata o vindeiro 30 de xuño de 2021.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Semente Monforte lembra que o 30 de xuño rematará o prazo de presentación de ideas para o VII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, un certame con inscrición de balde que premia aos tres mellores proxectos de emprendemento recibidos.

O obxectivo do certame foi sempre incentivar e impulsar proxectos empresariais, obxectivo que se mantén con máis interese ca nunca nestes tempos de pandemia. Tanto é así que este ano a organización decidiu incrementar a contía dos premios, que se establece así: 1º Premio, importe de 12.000 euros, 2º Premio, 8.000 e 3º Premio 5.000 euros.

ANTECEDENTES

Cando no 2014 a Lotaría do Neno caeu en Monforte, un grupo de voluntarios e agraciados co premio crearon o Concurso de Proxectos Empresariais Semente Monforte. Desde aquela incorporáronse á iniciativa administracións, institucións e empresas que apoian o impulso de proxectos empresariais e que, agora co nome de Semente Ribeira Sacra, afrontan a VII edición deste concurso. A iniciativa leva entregado máis de 100.000 euros para axudar a materializar ideas innovadoras.

ÚLTIMAS

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...