Clausurado o obradoiro de emprego celebrado en Monforte

Os 15 participantes no obradoiro "Cobas xuvenil" realizaron labores de carpintería e acondicionamento de xardíns e zonas verdes na contorna do Cabe en Cobas e na Pinguela.

Foto de familia cos participantes / Concello de Monforte

O obradoiro promovido polo concello de Monforte e apoiado pola Xunta estaba destinado a personas menores de 30 anos en paro. Para a entrega de diplomas acompañaron ao alcalde de Monforte, José Tomé; o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro,

O Alcalde sinalou que con este proceso formativo se melloraba a empregabilidade dos mozos ao darlles máis posibilidades de inserción no mercado laboral. Recibindo, ademais, formación e prácticas en sectores nos que se demandan profesionais. Segundo apuntou José Tomé, os obradoiros son importantes tamén porque axudan aos concellos a exececutar actuacións que doutro modo sería máis complicado sacar adiante.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here