InicioEconomíaInsectos Galicia, Circular Forest e Castro Art Village, premiados no Semente Ribeira...

Insectos Galicia, Circular Forest e Castro Art Village, premiados no Semente Ribeira Sacra

Nesta VII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra prémianse os tres mellores proxectos con 12.000, 8.000 e 5.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xurado da VII Edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, tras avaliar a presentación no Parador de Turismo de Monforte dos proxectos durante este sábado, 16 de outubro, decidiu outorgar os seguintes premios:

  • 1º: Insectos Galicia // Un proceso de economía circular para poñer en valor o rural con proteínas e abonos sostibles e ecolóxicos. 12.000€
  • 2º: Circular Forest // Produción de cogomelos en biomasa forestal. Lepista nuda en follaxe de castiñeiros, Shiitake en tocóns de eucalipto, Sparassis en pinos. Transformación de cogomelos de alto valor comercial. 8.000€
  • 3º: Castro Art Village // Uhna institución cultural, un campus artístico internacional de organización holística. Proxecto de arte, cultura, benestar e innovación situado na aldea abandonada do Castro, unha ubicación idílica nun miradoiro natural. 5.000€
VII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra / Semente

Desde a Asociación Semente Monforte e todos as empresas e institucións colaboradoras nesta VII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra felicitan aos gañadores, e a todos os participantes en xeral, pola altísima calidade dos proxectos presentados e o talento como emprendedores.

Na presentación dos proxectos estivo presente o Conselleiro de Economía e Industria, Fracisco Conde, que ao remate, lembraba as verbas da presidenta de Semente de Monforte, Sara Fernández; a quen agora releva no cargo; Pilar López. “O proxecto do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra é o recoñecemento a unha ilusión,” dicía Sara Fernández e hoxe, Francisco Conde animaba a seguir esa traxectoria, que asegurou continuaría apoiando pola importante labor que fai na dinamización da innovación no rural e polo traballo transversal e de unidade contando coa colaboración de empresas, Universidade e administracións.

ÚLTIMAS

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...