En agosto baixa o paro no sur de Lugo e sobe en Lemos

Monforte con 1.142 parados ten o 69,5% dos parados da comarca de Lemos, segundo datos da Secretaría de Acción Sindical de CCOO Lugo.

Camareiro traballando/XdL

Os datos por comarcas que manexa o sindicato son 1.641 parados na comarca de Lemos aumentando en 3 con respecto a xullo. Na comarca de Quiroga 261 parados, 12 menos que en xullo e na comarca de Chantada 593 baixando en 14. Nas tres comarcas son 2.495 parados 23 menos que en xullo. Desde o sindicato pídenlle ao concello de Monforte que se preocupe especialmente polos mozos menores de 25 anos, franxa de idade na que se rexistran 72 parados, dato preocupante para o Secretario de Acción Sindical, Mario Docasar.

Paro en Galicia

O sur de Lugo, a excepción de Lemos, segue no último mes a tendencia de Galicia no último ano, segundo datos do goberno galego. Desde a Xunta aseguran que Galicia é a segunda comunidade na que máis baixou o desempego no último ano. Destacan que o número de afiliacións está por riba do millón por terceiro ano consecutivo. Na evolución anual o desemprego baixou un 9,22%, contando con 16.701 desempregados menos que en agosto do 2017. En cando ás afiliacións subiron un 2,15% o que supón 21.457 novos afiliados á Seguridade Social.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here