InicioEconomía18.000€ en premios para incentivar o emprendemento co Concurso de Proxectos Empresariais...

18.000€ en premios para incentivar o emprendemento co Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Ata o 31 de maio está o prazo aberto para a presentación das ideas, das que o xurado elexirá as 10 propostas finalistas máis 3 de reserva. Os nomes do proxetos seleccionados daranse a coñecer o mércores, 20 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O prazo de presentación de proxectos á VIII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra estará aberto ata o vindeiro 31 de maio.

Os premios de esta VIII edición son:
1º premio: 10.000€
2º premio: 5.000€
3º premio: 3.000€

As persoas interesadas en optar aos premios deberán de presentar unha idea innovadora para o desenvolvemento do medio rural e poñer en valor os seus recursos. A presentación farase a través do enlace https://sementedaribeirasacra.org/login.php

Trala presentación das ideas, o xurado elexirá as 10 propostas finalistas máis 3 de reserva. Os nomes do proxetos seleccionados daranse a coñecer o mércores, 20 de xullo. Estos finalistas terán ata o 30 de setembro para aportar toda a documentación relativa a súa idea e, finalmente, o sábado 12 de novembro celebrarase a gala onde se presentarán e defenderán os 3 proxectos gañadores desta VIII edición de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra.

Finalistas do Concurso 2018 / Semente Monforte

Para a presentación dos proxectos, a estrutura de presentación dos proxectos é:

• Título do proxecto (20 palabras).
• Descrición xeral do mesmo (300 palabras).
• Investimento a realizar (20 palabras).
• Postos de traballo a crear (50 palabras).
• Oportunidades do proxecto. Explicar as necesidades que cubre o proxecto (150 palabras).
• Descrición temporal da formulación e implantación do proxecto (150 palabras).
• Outros premios obtidos (50 palabras).
• Destino do premio, en caso de resultar gañador (50 palabras).
• Integrantes e antigüidade da empresa (50 palabras).
• Financiación obtida para o proxecto (50 palabras).

A Asociación Semente Monforte nace no ano 2014 trala chuvia de millóns que deixou a lotaría de Reis en Monforte de Lemos. Así, algúns dos agraciados co premio crearon o Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra co apoio de institucións públicas e privadas que desexan ver medrar o tecido empresarial do rural. Co obxetivo de axudar a materializar o proxecto xa van 7 edicións celebradas deste concurso que repartiu máis de 100.000€ en premios.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....