InicioEconomíaMedio ambiente, urbanismo e iluminación destino do superávit do concello de Monforte

Medio ambiente, urbanismo e iluminación destino do superávit do concello de Monforte

No 2017 o concello de Monforte tivo un superávit de 2.194.188 euros que está destinando, segundo informan, a consolidar esa posición económica e a realizar investimentos financieramente sostibles.

Publicado o

- Advertisement -

En maio deste ano o concello de Monforte aprobaba en pleno destinar parte deste superávit, 1.725.022 euros, a:

  • Amortización da débeda por importe de 956.606’36 para débeda cero
  • Compensación de gastos da piscina municipal por importe de 39.403’19 euros.
  • Mellora de pistas periurbanas e rurais por importe de 729.012’47 euros, obras que están agora a piques de comezar.

Ao pleno que se celebrará o luns no concello de Monforte, o equipo de goberno leva a proposta de investir os 469.165 euros que quedan de superávit do seguinte modo:

  • Selado do vertedoiro de residuos inertes de Monforte, ubicado detrás da Cerámica do Castelo polo 50% do seu custe que ascende a 119.519’77 euros. O total do proxecto custa 239.039’54 euros, financiando o outro 50% con cargo ó orzamento de 2018 xa previsto.
  • Renovación do alumeado público do Morín, dende Doctor Casares ata Ribasaltas, por 153.000 euros.
  • Optimización e mellora do alumeado público do estacionamento do Parque dos Condes, por 40.000 euros.
  • Instalación de alumeado público no paseo fluvial dende o Parque dos Condes ata o parque de Cobas, por 29.842’80 euros.
  • Renovación da iluminación da Praza Luis de Góngora, na contorna da igrexa de San Vicente, por 10.721’13 euros.
  • Mellora da estrada en Piñeira dende a N-120, ata a ponte do río Cabe na Barxela, por 43.306’98 euros.

Quedan, así, pendentes de executar 72.774’76 euros.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...