InicioEconomíaLincold Ibérica amplía instalacións no Polígono de Monforte cunha nova parcela e...

Lincold Ibérica amplía instalacións no Polígono de Monforte cunha nova parcela e quedan 3 por vender

A xerente de SEA, Beatriz Sestayo, asinou a venda dunha nova parcela co responsable da compañía de tratamento de auga e de distribución de produtos para desinfección, que xa conta con 16 empregados en Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Beatriz Sestayo, asinou co responsable da compañía, Daniel Figueroa, a venda da parcela de 3.000m2, por un importe de 58.500 euros (máis IVE), que permitirá á empresa ampliar as instalacións coas que conta no polígono, donde emprega na actualidade a 16 persoas.

A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico lembrou que, tras triplicar as vendas en só dous anos, o polígono de Reboredo roza a plena ocupación, con só tres parcelas dispoñibles. En 2021, o mellor exercicio da historia de “SEA”, chegáronse a adxudicar ata 51.073 metros cadrados, distribuídos en 8 parcelas. A xerente de “SEA” puxo en valor a previsión de creación a curto e medio prazo de emprego no polígono de Monforte, coa implantación de novas empresas e a consolidación doutras, como Oviganic, que van converter esta área industrial nun polo económico fundamental na provincia.

O polígono de Reboredo dispón dunha superficie total de 365.675 metros cadrados de superficie, dos que se destinan a chan neto (o que se comercializa) 275.235 metros cadrados. Entre outras empresas, conta con compañías instaladas como Oviganic, dedicada á comercialización de produtos lácteos infantís ou Queserías Prado, ademais de Lincold Ibérica.

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...