InicioEconomía"Feminino rural. Evolución" chega á Ribeira Sacra

“Feminino rural. Evolución” chega á Ribeira Sacra

Presentouse no Saviñao o programa gratuíto Feminino rural. Evolución. A iniciativa, financiada integramente pola Deputación con 40.000€ e executada pola Asociación de Empresarias de Lugo (AELU), está dirixida a mulleres empresarias e emprendedoras do rural da provincia para mellorar ou lanzar os seus negocios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Feminino rural. Evoluciónestá destinado a negocios que xa están en marcha, pero tamén a aqueles que necesitan un apoio para dar os primeiros pasos e lanzar un novo proxecto coas garantía necesarias. “A creación de emprego, especialmente o xuvenil e o feminino, é unha das nosas apostas, porque é un factor imprescindible para que haxa actividade económica e para fixar poboación no territorio”, recordou o Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas. A iniciativa presentarase tamén en Láncara para a comarca de Sarria.

Unha vez rematados estes primeiros encontros, cada comarca contará con 25 prazas para as persoas interesadas co obxectivo de crear sinerxias entre os establecementos de cada zona, fomentando o intercambio de coñecementos e de experiencias entre empresarias e emprendedoras. Na segunda fase participará unha selección de 35 empresarias e emprendedoras, cinco por comarca, que sairán das reunións de traballo. Recibirán unha formación e un asesoramento personalizados dirixidos a mellorar o funcionamento, gañar competitividade e abrir novos mercados no caso das empresarias que teñan os negocios en marcha, e para constituír e arrancar a empresa no caso das emprendedoras participantes.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...