InicioEconomíaExaltación da 'vaca cachena' en Taboada

Exaltación da ‘vaca cachena’ en Taboada

Foi este pasado sábado nunha nova parada do programa Saborea a túa Provincia que impulsa a Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este sábado 13 de agosto nunha nova parada do programa Saborea a túa Provincia.

O Concello de Taboada acolleu, na Praza de Riazón, esta cita gastronómica e de lecer impulsada pola Deputación de Lugo que contou con demostracións culinarias, actuacións musicais e obradoiros de cociña para os máis pequenos.

Antonio Lorenzo, do restaurante A Faragulla de Chantada, elaborou un steak tartar de vaca cachena da gandería Cas Fidalgo con crocantes que fixo as delicias dos asistentes.

Rechouchíos de Taboada e Atlántica foron os encargados de poñer ritmo a esta xornada lúdica na Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...