InicioPolíticaExpolemos rumbo a Monforte

Expolemos rumbo a Monforte

Este martes 20, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, coñeceu de primeira man proxectos que se plantexan para o concello de Monforte como a supresión de pasos a nivel, os accesos ao edificio de Expolemos, a futura comisaría da Policía Nacional ou a futura circunvalación.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, visitou, co rexedor local, José Tomé, a Oficina de Rehabilitación Municipal e o edificio que albergará a futura comisaría de Policía Nacional, para a que confirmou que está pendente a cesión do inmoble, algo que espera concretar a comezos do 2019.

Javier Losada aproveitou a visita a Monforte para destacar que Galicia recibe 13,1 millóns de euros do Plan Nacional de Vivienda. A provincia de Lugo ten 1,3 millóns para a renovación de 178 fogares e Monforte verá a rehabilitación de vintecinco vivendas con 136.440 euros.

O delegado do Goberno aseguraba, “Na Delegación do Gobierno mantemos un dobre compromiso: impulsar en Galicia as políticas de progreso e benestar do Executivo de Pedro Sánchez e facer chegar ao Goberno as demandas dos galegos e galegas”.

No caso de Monforte, Javier Losada destacaba “a importancia da licitación do contrato de servizos para a redacción do proxecto de trazado e construción da circunvalación”, un tramo de 7,7 quilómetros da futura autovía A-76 (Ourense-Ponferrada). O contrato actual ten un presuposto de case 650.000 euros e un prazo de execución de 18 meses.

Punto delicado en Monforte, é desde fai anos, o acceso a Expolemos, porque a sinalización non permite xirar cara a cidade do Cabe, o que limita os usos desta instalación. “Na actualidade está en estudo a proposta de suprimir unha vía lenta para permitir o xiro cara Monforte. “O obxectivo é acometer esta actuación no 2019”, anunciou Javier Losada.

Sobre a supresión de pasos a nivel, o delegado do Goberno, lembrou que dos sete pasos a nivel que hai en Monforte, cinco serán suprimidos, a través da actuación no tramo ferroviario Ourense-Monforte-Lugo. Para os outros dous, apuntou Javier Losada, que hay diferentes solucións sobre a mesa. Por exemplo, no da Florida, vese ben a  proposta do alcalde, de facer unha variante da liña.

Paso a nivel da Florida / XdL

Segundo Javier Losada esta proposta ten dúas ventaxas, con esta variante suprimiríanse outros catro pasos a nivel, e ademais permitiría facer un by-pass para trens de mercadorías cuxo pecorrido sexa Vigo-León, sen ter que invertir a marcha na estación monfortina. Esta solución requiere dun estudo informativo previo do Ministerio de Fomento.

O delegado do Goberno tamén se comprometou a actualizar o convenio que servirá para facer realidade a ronda urbana de Monforte.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...